III Marcha BTT Concello de Rianxo - 22 de febreiro de 2015

 

III Marcha BTT Concello de Rianxo

Gracias a todos pola gran aceptación!!!  A un día de cerrar as inscripcións chegamos o límite de 600 !!! 

 

 

Voltamos ca marcha BTT do concello de Rianxo, nesta edición (van 3) vamos a aumentar o límite das inscripcións a 600 persoas dada a boa acollida que tivemos o ano pasado. O igual que anos anteriores teremos 3 niveles de esixencia física para que se adapte a todos os gustos.

Disporase de 2 avituallamentos un sólido e outro líquido. Tamén disporemos dun servicio de lavado de bicis.

 

 

Dificultade: 

  • Iniciación (verde): 27 km
    • Dificultade técnica: media 
    • Forma física: baixa-media
  • Marcha (azul): 45 km
    • Dificultade técnica: alta
    • Forma física: alta
  • Maratón (vermella): 70 Km
    • Dificultade técnica: moi alta
    • Forma física: moi alta

Programa:

8:00               Recollida de dorsais  ( Lonxa vella - zoa portuaria                                 Ver plano de situación

9:30               Saída da marcha  

11:00             1º Corte (Km 11) à Ruta INICIACIÓN – VERDE

11:45             2º Corte (Km 35)à Marcha– AZUL

14:00             Hora estimada da chegada.

Duchas, Lavado de bicis e acicalamento.

14:30             Pinchos e entrega de trofeos 

 

Regulamento (pulsa aquíl)   

 undefined

 Inscrición Cerradas!!!: (Pulsa aquí) 

A cuota da inscrición será de 7 euros tanto para os federados como os non federados.

A data límite para apuntarse é o 18 de febreiro.

 

Tracks:

 

Patrocinadores:

undefined 

Agradecementos:

Dende a peña, queremos agradecer a todos as persoas que dun xeito ou doutro colaboraron (e están colaborando) nesta marcha, a lista e moi extensa e para non alargarnos en exceso simplemende decímoche ¡¡¡grazas!!!. Por outra banda sen as institucions que están apoiando tampouco poríamos ofrecer una marcha destas caracteristicas por eso deseamos nomealas: (seguramente se me olvide algunha, pido disculpas de antemán) 

  • Club Piragüismo de Rianxo
  • Club de Remo de Rianxo
  • Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" de Rianxo
  • Protección Civil de Rianxo
  • Concello de Rianxo
    • Policía Local
    • Servizo de Deportes

 

Conclusions 

Despois da xornada que tivemos o domingo, empeorada un pouco co tempo o final da ruta queremos volver a agradecer a todos (participantes, familias, amigos, compañeiros, institucións, colaboradores... e un largo etcétera) que sin eles este día de BTT non o poríamos facer. Xa sei que sempre decimos o mesmo pero desexamos remarcalo.

¡¡¡GRACIAS!!!!

Inda non puxemos a enquisa que soemos facer cada ano... vamos a prepara agora, pero comentarios que xa tivemos en xeral son positivos e con eles danos forza para seguir!, obviamente non somos perfectos, e o das duchas vai ser moi difícil arranxalo, remarcamos que temos un pavillón a 500 metros da saída que alí “dura” mais a auga quente.... para a seguinte edición (esperemos que haxa) vos recomendamos que aparquedes por alí e veñades na bici ata a saída... así teredes menos pereza en ir ata el... outro tema no pincho ter algo quente ... tomamos nota e intentaremos ter un café de pota quentiño...

Queremos remarcar que a marcha e NON competitiva, pero xa sabedes que hai quen chega de primeiro por iso aquí tendes o primeiro home e muller e tamén podedes descargar aquí o listado dos primeiros en chegar tanto o alto da muralla como o final. 

 

Primeiro/a en chagar que fixo a de 70 Km

Home: BRANDÁN MARQUEZ FERNANDEZ

Muller: SILVIA BLANCO DOSIL

 

Máis veterano

BERNARDINO OTERO BRALO

 

Club mais lonxano (4 participantes mínimo)

CC MONFORTE (5 miembros)

 

Club máis numeroso:

OS AFORCADOS MTB CC

 

Por último entre os que quedaron para os pinchos sorteamos 3 cascos xentileza de RS Bike de Boiro, 5 vales por un importe de 25 € para gastar na tenda de Sport Bike de Ribeira e una noite para 4 persoas nas Casas Alexandre, turismo rural en Catoira

 

Fotos e Videos

Iremos poniendo las fotos de nuestros colaboradores... 

 

 Enquisa (pulsa aquí)

 

 Estatísticas

En canto a números tivemos 610 persoas confirmadas pero tras revisar os que realmente viñeron lamentablemente obtivemos un 89% de participación. Foi una pena xa que houbo xente que quería vir e non puido por sobrepasar o límite, en cato os demais números tendes aquí uns gráficos... Sacade as vosas conclusións ;-)

estatísticas

 

Marchas anteriores:

I marcha BTT Concello de Rianxo (2013)

II marcha BTT Concello de Rianxo (2014)