XIV Subida ao Castro Barbudo - 4 de maio de 2013

 

XIV Subida o Castro Barbudo    Evento en el Facebook

 

 Boas de novo, aquí estamos de volta ca tradiconal subida o Castro Barbudo. E xa estamos na 14ª edición!!! Este ano adiantouse unhas semanas e sitúase no sábado 4 de maio. 

Disporase de un avituallamentos un sólido e outro líquido.

Todos os inscritos levarán un agasallo e participarán no sorteo de varios regalos a cargo de Bici Daniel Rios e SportBike (Boiro).

Contamos con duchas e servizo de limpeza de bicicletas. Ao final teremos churrasco debidamente "regado", música de ambiente e a entrega de trofeos aos mellores clasificados de cada categoría no tramo libre:

  • 1, 2 e 3 Xeral
  • 1, 2 e 3 Máster 30
  • 1, 2 e 3 Máster 40 (50, 60, ... van todos no mesmo saco ;-) 
  • 1, 2 e 3 Femenino
  • y por último o "trofeo do presidente", que será para o pimerio membro da peña que chegue. 

Esperamos que nos poidades acompañar!!!!

Dificultade: 

  • A dificultade física e técnica situámolo nun valor medio. 

Programa:

15:00 Recollida de dorsais 

(Campo de pazos - ver plano adxunto)

16:00        Saída da marcha  

19:00       Hora estimada da saída do
Tramo Libre

19:30  Chegada o campo maneiro.

Duchas, Lavado de bicis e

acicalamento.

20:00  Festuca Final (Entrega de trofeos) 

 

Regulamento (pulsa aquí)    

 

 

Tracks e perfiles

Arquivo do track (publicarase o xoves 2 de maio):

   Perfil:Perfil

 Perfil tramo libre (azul oscuro): 

 

 

 Inscrición - Límite 200 participantes (pulsa aquí) 

Este ano seguemos sin incrementar o importe da inscrición que será de 15 euros (os que non estean federados deberán aportan 12 euros máis para o seguro obrigatorio de un día por imposición da federación galega de ciclismo)  

E importante sinalar que a única maneira de facer efectivo a inscrición e mediante transferencia bancaria ou ingreso na conta “2080 0344 51 3040004300” da Peña depositada no Novagalicia banco (Para os ingresos internacionais: Código IBAN:  "ES60 2080 0344 51 3040004300” - BIC:  CAGLESMMXXX) . Para evitar confusións , por favor enviade copia do xustificante bancario (Foto ou escaneado) o correo admin@castrobarbudo.com

A data límite para apuntarse e facer os pagos é o 30 de abril.

 

Planos de situación e servizos

 

  • A Saída será desde Campo de Pazos
  • A Chegada será no Campo Maneiro, onde están as duchas, lavado de bicis e se fará a festuca final. 
  • Recomendamos que aparquedes no Campo Maneiro e baixedes xa na bici a Campo de Pazos.
  • Para chegar a Campo Maneiro procurade subir pola entrada que hai ao lado da gasolineira de Repsol. Para que ninguén se perda AQUÍ tendes o enlace a Google Maps. O punto A é o de entrada para subir a Campo Maneiro. O punto B é a ubicación de Campo Maneiro e o punto C indica o lugar da saída da marcha.

 

 undefined
 

Patrocinadores

Patrocinadores 

 

Conclusions

Pois aquí estamos, xa terminou!! e sen ningún incidente de consideración. Moitas grazas a todos pola vosa participación. O final xustámonos cerca de 90 persoas, e tan son 61 foron capaces de subir o tramo libre aquí vos presento os que maior pericia tiveron tanto na xeral como en cada categoría: 

Xeral Orden
DEZA SAEZ,RINGO (TEAM CORBELO)
MUÑIZ NIETO,JUAN CARLOS (TEAM CORBELO)
DOMINGUEZ GONZALEZ,VICTOR MANUEL (CAMBRE-CAEIRO)

Máster 30 Orden
DEZA SAEZ,RINGO (TEAM CORBELO)
MUÑIZ NIETO,JUAN CARLOS (TEAM CORBELO)
DOMINGUEZ GONZALEZ,VICTOR MANUEL (CAMBRE-CAEIRO)

Máster 40, 50 … Orden
FERNANDEZ REYES,LUIS MIGUEL (San Martin (Madrid))
CASTRO LAGO,MANUEL (OS AFORCADOS)
GONZÁLEZ CANLE,JOSÉ MANUEL (OS AFORCADOS)

Veterano
SUAREZ GONZALEZ,GONZALO (OS AFORCADOS)

Trofeo Presidente
EIRAS CASTRO,Miguel (Castro Barbudo)

Aquí podesde ver a lista completa do orde da chegada. 

Este ano o club mais numeros foron Os Esfola Arros, e o club mais lonxano (cun un mínimo de participantes)  foi a o Club Cilcista Monteneme.

Crónicas do día feita por os nosos amigos (se algún me falta que mos avise, gracias)

Fotos

Estatisticas

Participacion