Valoracións XIII Subida BTT ao Castro Barbudo
Toca valorar a marcha de este ano, e para iso, coma outros anos, vos pedimos que entredes AQUÍ e nos digades que tal foi todo.
Nós non vamos a ser menos e tamén vamos a facer autocrítica. E queremos empezar pedindo disculpas a un dos nosos compañeiros. Na primeira relación de participantes que chegaron ao cumio do Castro Barbudo faltaba Manuel Lustres Nieto (Manoliño de Bealo para nós) que chegara na posición 16, tal e como se reflicte na listaxe da chegada que podedes consultar AQUÍ. A Manolo corresponderíalle o segundo trofeo na categoría de menores de 25 anos, pero voluntariamente, para non perxudicar a terceiras persoas, renunciou ao mesmo. Sirvan estas liñas como recoñecemento público polo seu esforzo. ¡Prometemos compensarche Manolo!
Do acontecido este ano, e ao marxe do que vós nos indiquedes, nós xa obtivemos unha clara conclusión: o vindeiro ano só aceptaremos inscricións por Internet e con pago por adiantado. Os motivos que nos levaron a tomar esta decisión son os seguintes:
- Só aceptaremos inscricións por Internet porque este ano só 12 persoas esperaron ata o último día para confirmar a súa inscrición, polo que resulta evidente que xa todos estamos familiarizados coa rede e as súas ventaxas.
- A federación galega de ciclismo ten establecido que a lista de inscritos non federados (os que teñen que pagar polo seguro de un día) ten que ser remitida con 48 horas de antelación, polo que resulta imposible, se queremos cumprir con esta condición e non arriscarnos a ter problemas co compañía de seguros, que aceptemos inscricións nas últimas 48 horas.
- E só consideraremos inscritos a aqueles que fagan efectivo o pago da inscrición con antelación porque é a única maneira de presupostar os gastos de xeito efectivo. Este ano (e iso que o tempo acompañaba) o 20% das persoas que fixeron a súa inscrición con antelación por Internet non se presentaron o día da marcha. Entendede que iso significa tamén que o 20% dos gastos xa realizados (comida, agasallos,...) foron cartos tirados ou mal aproveitados.
Grazas a todos pola vosa compañía, disculpade polos erros cometidos e vémonos o ano que ven na XIV Subida ao Castro Barbudo
Saúdos.
Peña Cicloturista Castro Barbudo







